CURSO MODULAR I.R. (A) MULTIMOTOR
O obxectivo do curso é formar a pilotos titulares dunha PPL(A) ou unha CPL(A) que inclúan as atribucións para voar pola noite, emitidas de acordo co Anexo 1 de OACI, baixo a supervisión do Xefe de Ensino dunha FTO ao nivel de coñecementos teóricos requiridos para unha Habilitación de Voo Instrumental.
O Curso comprenderá 200 horas de ensino teórico. As materias que se contemplan no programa son as seguintes:
• Dereito Aéreo e Procedementos ATC.
• Coñecemento Xeral das Aeronaves.
• Performance e Planificación de voo.
• Actuacións e Limitacións Humanas.
• Meteoroloxía.
• Navegación.
• Procedementos Operacionais.
• Radiotelefonía.
Instrución en voo:
O Curso para I.R.(A) en avión multimotor, comprenderá 55 horas de tempo de Instrumentos baixo instrución das cales:
• 55 na fase de voo real:
• 40 horas monomotor.
• 15 horas multimotor.
Unha vez finalizado o adestramento, o candidato deberá demostrar a súa pericia no simulador e no voo en ambas as probas de pericia realizadas nesta FTO.
Superadas estas dúas probas, o aspirante será presentado ao FE.
Contido e duración da instrución en voo:
A instrución realizarase nun avión con certificado de aeronavegabilidade que responda ás condicións técnicas esixidas para o voo IFR. As probas prácticas serán dúas:
• Manobras básicas con referencia aos instrumentos.
• Navegación baixo regras de voo instrumental
O alumno aspirante non comezará a fase de voo ata completar a fase de instrución en manobras básicas de simulador reflectidas na Fase de Simulador.
REQUISITOS:
• O aspirante deberá posuír Licenza de Piloto Privado e Calificación de Voo Nocturno.
• O aspirante deberá posuír unha experiencia de 50 horas de voo realizadas en voos de travesía. |